viernes, 5 de marzo de 2010

¿QUEN DIXO QUE PARIS ERA A CIDADE DO AMOR?

Fora quen fora, o que está claro é que non sabía que nos, en Santiago temos o banco máis romántico do mundo…si, si o que oes..
Estou segura de que paseaches preto, incluso te sentaches nel , e todo iso sen saber os segredos que ese banco en forma de media lúa, agocha na súa pedra.
Teñas parella ou non, é unha visita obrigada que tes que facer.
¿Onde?.
Na Alameda, coñecido coma “O Banco Acústico”.
Se facémola proba e nos sentamos nos seus extremos, comprobaremos que ao falar ,o seu respaldo crea un efecto eco que permite escoitar con claridade desde o outro extremo o que estamos dicindo ,como si estiveramos pegadiños o un ao outro.
Conta a lenda que alí se citaban os namorados que non querían levantar sospeitas do seu amor, podendo charlar tranquilamente na intimidade sen medo ás críticas das malas linguas.
Se ese banco falara…

No hay comentarios:

Publicar un comentario