sábado, 27 de marzo de 2010

¿A TI TAMÉN CHE PASOU ALGUNHA VEZ?

Normalmente, cando descobres algo singular, queres compartilo coa túa xente, un sitio onde comer, un lugar que visitar, unha viaxe inolvidable…

Pero cando consideras que é algo realmente especial que a maior parte das persoas descoñecen, egoistamente queres gardar esa información contigo e esperar a que chegue o momento axeitado para revelalo.

Ese momento chegou para min. Quero facelo voso tamén.

Un día, fai xa un ano, camiñaba cun compañeiro de traballo, que como cada primaveira levamos a cabo un proxecto común, no que percorrer Compostela de arriba abaixo inmortalizando curiosidades coa súa cámara é o noso cometido durante algúns días.

Nunha desas xornadas, mentres charlabamos animadamente pola “Calle Hortas” entre risas, preguntoume, Patri: ¿coñeces a rúa máis bonita de Santiago?

Pareceume divertido o que eu interpretei coma un xogo para pasalo rato…

A miña respota foi; ¡supoño ca si! e ofrecinlle a que para min é a vía con máis encanto de Santiago…¡a calderería!

Na súa expresión debuxouse un sorriso e pregoume que pechara os ollos..

Sen rechistar fixen o que me dicía, notei coma as súas mans me suxeitaban polos brazos e cambiaban a traxectoria dos meus pasos.

Alí a só uns metros de onde nos atopabamos, un callexón tan estreitiño que case resultaba asfixiante conduciunos ao que desde entón, é tamén para min a rúa más bonita de Santiago.

Non vos podo dicir máis, xa que non atopo palabras para describir o que sentín cando abrín os ollos.

Por iso, invítovos a sentir o mesmo...

Baixa pola rúa de san clemente e antes de chegar ao restaurante ao que lle da nome métete a esquerda por un “ pasadizo” entre dúas casiñas case pegadas.

Xa me diredes que tal…

viernes, 5 de marzo de 2010

¿QUEN DIXO QUE PARIS ERA A CIDADE DO AMOR?

Fora quen fora, o que está claro é que non sabía que nos, en Santiago temos o banco máis romántico do mundo…si, si o que oes..
Estou segura de que paseaches preto, incluso te sentaches nel , e todo iso sen saber os segredos que ese banco en forma de media lúa, agocha na súa pedra.
Teñas parella ou non, é unha visita obrigada que tes que facer.
¿Onde?.
Na Alameda, coñecido coma “O Banco Acústico”.
Se facémola proba e nos sentamos nos seus extremos, comprobaremos que ao falar ,o seu respaldo crea un efecto eco que permite escoitar con claridade desde o outro extremo o que estamos dicindo ,como si estiveramos pegadiños o un ao outro.
Conta a lenda que alí se citaban os namorados que non querían levantar sospeitas do seu amor, podendo charlar tranquilamente na intimidade sen medo ás críticas das malas linguas.
Se ese banco falara…