sábado, 13 de febrero de 2010

O CARALLO 29

Pensa un intre en cantas veces alguén che dixo; bueno si… ¡o carallo 29!. Seguro que moitas. ¿Vaquesí?

¿E sabías que o carallo 29 existe? ¿E que está aquí, en Santiago?

Pois si, ao final da Rúa Travesa hai un “falo” ben grande ao que por numeración, lle correspondería o número 29.

E cóntoche máis; esta expresión galega tan popular, empregada sobre todo cando queremos mostrar sospeita, duda ou recelo, ten a súa orixe histórica nos Tempos da Restauración Borbónica e fai referencia ao artigo 29 da Lei Electoral.

O cal declaraba automáticamente gañador a un candidato cando era o único que se presentaba por comarca, sen necesidade de facer votacións.

Como era habitual naquel entón, o caciquismo impedía a presentación de candidatos rivais nas eleccións para así aplicar dito artigo, de maneira que este, foi unha fonte de desconfianza para o pobo, que o bautizou coma “ o carallo 29”.



¿Non me cres? ¡Vaino ver!

No hay comentarios:

Publicar un comentario